Ambas traballam nun libro de texto que nunca saíu á luz. Agora eu nesta esta páxina collín ao chou unha unidade e tocou a número tres: UNHA DE HEROES. Pero logo pensei que estaba moi ben porque é un momento ideal para falar de heroes e heroínas.
- DE BOCA EN BOCA: diálogo sobre o tópico que nos seve para comezar a traballar a lingua oral e en grande grupo.
- LEMOS UNHA HISTORIA: Un texto que podemos ler ou escoitar e logo realizar preguntas de comprensión oralmente e por escrito. Tamén hai algún traballo de procura de información que o alumnado realizará para presentar ao resto do grupo e logo enviar ao profesor.
- UN TESOURO... AS PALABRAS: Tomamos algunhas das palabras que escoitamos na lectura, aclaramos o significado e procuramos outras novas no medio no que vive o alumnado.
- SOCIOLINGUA: Nesta unidade traballamos a diversidade lingüística e comprendemos que algunha das linguas actuais son auténticas heroínas.
- REGRAS DO XOGO: Ofrecemos aquí as normas de uso do acxectivo, porque dalgunha maneira son as palabras protagonistas da unidade que nos axudarán a definir os nosos heroes e heroínas e o medio no que vivimos.
- ISTO COMO SE FAI: Aquí temos as normas básicas para poder elaborar con adecuación e coherencia os diálogos que protagonizan as historias dos nosos heroes.
- MUNDOS MÁXICOS: Achéganos ao mundo de fantasía que crean os nosos autores nos seus libros. Para seguir con isto dos heroes que vos parece botar unha ollada á prosa medieval e as cantigas relixiosas de Afonso X.
- PISTAS: Indaga que foi o que fixeches nesta unidade a través do cadro de sinopse e aproveita os recursos que vos ofrecemos para resolver as actividades.