SOCIOLINGUA |
A maior parte dos estados europeos son plurilingües, como España, Italia, Francia, etc. E case todas as linguas pertencen á familia Indoeuropea. A convivencia entre as linguas case sempre é en desigual: Linguas hexemónicas: maior prestixo e apoio polo poder político Linguas minorizadas:desprotexidas e desprovistas de usos e función de prestixio. |
NORMAS DE XOGO |
O adxectivo é una palabra que expresa calidades referidas ao substantibo. Segundo o significado poden ser explicativos ou especificativos. As calidades poden manifestarse en distintos graos de intensidade: positivo, comparativo ou superlativo. O adxectivo é o núcleo da frase adxectiva. Pero na oración pode funcionar de complemento do nome, atributo ou predicativo. |
COMO SE FAI? |
O diálogo é o intercambio de mensaxes entre dúas ou máis persoas. A persoa que ten a palabra é o emisor e a persoa ou persoas que escoitan son os receptores. En distintos momentos do diálogo os papeis intercámbianse. Pode ser espontáneo (conversa) ou planificado (conferencias, entrevistas, interrogatorios, etc.) |
MUNDOS MÁXICOS |
As cantigas de Santa María son unha mostra da lírica relixiosa medieval. Diferenciamos: as cantigas de loor ou líricas das de milagre ou narrativas. Segundo o tema poden ser: tradicionais, históricas, fantásticas, íntimas ou familiares. A prosa medieval, na maior parte, é froito das traducións feitas ao galego polos escribas. A prosa de non ficción: relata feitos que adoitan ser reais. Aquí temos a prosa haxiográfica, xurídica ou histórica. A prosa de ficción nace grazas á tradición literaria latina que se conservaba nos mosteiros. Aquí falase de tres grandes ciclos: o clásico, o artúrico e o carolinxio. |
Mergúllate na procura de máis información.
Os segredos das árbores. Guía informativa. Xunta de Galicia