PISTAS

SOCIOLINGUA

A maior parte dos estados europeos son plurilingües, como España, Italia, Francia, etc. E case todas as linguas pertencen á familia Indoeuropea.
A convivencia entre as linguas case sempre é en desigual:
Linguas hexemónicas: maior prestixo e apoio polo poder político
Linguas minorizadas:desprotexidas e desprovistas de usos e función de prestixio.

NORMAS DE XOGO
    O adxectivo é una palabra que expresa calidades referidas ao substantibo.
    Segundo o significado poden ser explicativos ou especificativos.
    As calidades poden manifestarse en distintos graos de intensidade: positivo, comparativo ou superlativo.
    O adxectivo é o núcleo da frase adxectiva. Pero na oración pode funcionar de complemento do nome, atributo ou predicativo.
COMO SE FAI?

O diálogo é o intercambio de mensaxes entre dúas ou máis persoas. A persoa que ten a palabra é o emisor e a persoa ou persoas que escoitan son os receptores. En distintos momentos do diálogo os papeis intercámbianse.
Pode ser espontáneo (conversa) ou planificado (conferencias, entrevistas, interrogatorios, etc.)

MUNDOS MÁXICOS

As cantigas de Santa María son unha mostra da lírica relixiosa medieval. Diferenciamos: as cantigas de loor ou líricas das de milagre ou narrativas.
Segundo o tema poden ser: tradicionais, históricas, fantásticas, íntimas ou familiares.
A prosa medieval, na maior parte, é froito das traducións feitas ao galego polos escribas.
A prosa de non ficción: relata feitos que adoitan ser reais. Aquí temos a prosa haxiográfica, xurídica ou histórica.
A prosa de ficción nace grazas á tradición literaria latina que se conservaba nos mosteiros. Aquí falase de tres grandes ciclos: o clásico, o artúrico e o carolinxio.



Mergúllate na procura de máis información.

Os segredos das árbores. Guía informativa. Xunta de Galicia